CULTURA

Estevo Creus presenta "Areados" no Casino

06/10/2005 Despois do "Berlín" de María Lado, da "Pornografía" de Lupe Gómez ou "Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen", de Bernardino Graña, chega unha nova entrega do ciclo "Poeta en Compostela" co libro de Estevo Creus.

Estevo Creus (Cee, 1975) segue co intimismo que o caracteriza, moi na liña da súa conveciña Lado, no seu último poemario, "Areados" (Na selva, pola tarde, ollando os tigres). Vén tamén do frutífero batallón Literario Costa da Morte.

A liberdade expresiva, a falta de puntuación e os versos curtos e contundentes caracterizan o seu estilo, que continúa o do libro anterior, "Poemas da cidade oculta" (Ablativo absoluto, 1996). "Areados" foi premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña nese mesmo ano.

Compartir: