EDUCACIÓN

O Consello Municipal de Educación coñeceu a situación das escolas infantís en construción e o programa municipal de actividades

20/01/2009 A sala circular do Auditorio de Galicia acolleu unha sesión ordinaria do Consello Municipal de Educación. Entre outras cuestións, os representantes educativos coñeceron de primeira man o estado das obras das dúas galescolas actualmente en construción, no Polígono do Tambre e en Tras Parlamento.

A Concellería de Educación aproveitou a reunión para informar tamén do seu programa de actividades. Entre estas, dedicaron un especial apartado a explicar a posta en marcha do Proxecto Thao Saúde Infantil para a prevención da obesidade. Finalmente, procedeuse tamén á elección dun representante para o Consello procedente de Normalización Lingüística.

O Consello Municipal de Educación está integrado por 34 persoas de distintos sectores da comunidade educativa: profesorado, alumnado, Concello, sindicatos, asociación de nais e pais de alumnos/as, Movemento de Renovación Pedagóxica e asociacións de veciños, entre outros.

Compartir: