URBANA SANTIAGO NORTE

Continúa o proceso selectivo da persoa que coordinará a iniciativa Urbana Santiago Norte

16/01/2009 A Comisión de Valoración da praza de Coordinador/a do programa Urbana Santiago Norte continua cos seus traballos de selección. O obxectivo desta comisión é seleccionar e escoller á persoa co perfil máis acaído para desenvolver os traballos de coordinación e dirección da "Iniciativa Urbana" de Compostela.

No marco deste proceso, a comisión ten convocadas ás once persoas aspirantes á praza a unha entrevista que se realizará o día 2 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche ás 9:00 horas.

A iniciativa Urbana Santiago Norte é promovida dende o Concello de Santiago e ten como ámbito de actuación os barrios máis antigos e tradicionais da zona Norte: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espirito Santo, Estila, Almáciga, San Pedro, Concheiros e Belvís e Quiroga Palacios.

Santiago de Compostela é unha das catro cidades galegas beneficiarias do programa "Iniciativa Urbana" e recibirá unha achega de 8 millóns de euros de Fondos FEDER para o proxecto Urbana Santiago Norte.

Compartir: