BENESTAR SOCIAL

Santiago participa no concurso interxeracional "Tes unha historia que contar"

14/01/2009 O Concello de Santiago, a través da Concellería de Benestar Social, participa xunto con outros 29 concellos, 27 universidades e as 17 comunidades autónomas no Concurso interxeracional Tes unha historia que contar. Mozos e maiores poden participar neste certame, que pretende contribuír a conservar a nosa memoria histórica.

Xa está aberto o prazo de inscrición ao Concurso, un programa da Obra Social de Caixa Catalunya que conta co apoio da Unión Democrática de Pensionistas (UDP). Os maiores participantes entrevistaranse con estudantes universitarios, que se inscribiron tamén no concurso, contando experiencias, historias e anécdotas. Os estudantes presentarán un articulo xornalístico sobre estes feitos ao concurso Tes unha historia que contar.

Un xurado selecciona os mellores relatos, que serán publicados nun libro, na web do concurso e en distintos medios de comunicación colaboradores do programa. Os cinco maiores gañadores verán realizado o soño da súa vida que eles mesmos especifican na inscrición ao concurso. Repartiranse 20.000 euros en premios para os alumnos. Os traballos poderán entregarse ata o 15 de xuño de 2009.

Conservar a memoria histórica
Este concurso permitiralles aos maiores contribuír a conservar a nosa memoria histórica e a recuperar así o papel de referente cultural da sociedade que actualmente perderon. Tamén lles servirá para romper co illamento e a soidade coa que viven moitos deles e conseguir que se relacionen e aumenten a súa autoestima ao transmitir os seus coñecementos ás novas xeracións.

Igualmente, o certame está dirixido a aqueles estudantes con inquietude e con gañas de coñecer de preto aos protagonistas do pasado máis recente. Para todos, trátase de que a brecha entre xeracións se estreite e evitar así a discriminación e a marxinación por razóns de idade. Preténdese evitar que a sociedade perda a oportunidade de coñecer o seu pasado.

Direcciones relacionadas



Compartir: