XUVENTUDE

O Ciclo Importa trae a Santiago á banda de culto Tindersticks

14/01/2009 O Ciclo Importa, organizado pola Concellería de Xuventude e Sweet Nocturna abre o calendario de concertos de 2009 coa banda Tindersticks. Este recoñecido grupo chegará a Santiago o 11 de febreiro, cun concerto na Sala Capitol ás 20:30 horas.

Tindersticks é considerada como unha banda de culto, cun estilo único que ten deixado algúns dos mellores discos de finais dos 90. Liderados por Stuart A. Staples, unha das voces más persoais e inconfundibles do panorama indie, no seu concerto de Santiago estará arroupado por sete músicos para recrear esa banda sonora que levan compoñendo durante máis de 15 anos de traxectoria.

Ademais de presentar o seu novo disco, The Hungry Saw, repasarán os grandes clásicos da banda, que volve despois de cinco anos de silencio. O seu último traballo comeza cunha introdución instrumental que dá paso a "Yesterday Tomorrows", unha balada que quere revivir o pasado do grupo, sen querer demostrar que é unha reunión casual, senón que a paixón dos integrantes en compoñer melodías está tan acendida como antes.

Case sempre, os temas das letras de Tindersticks van da man da nostalxia e os arranxos que adornan cada canción logran un efecto nocturno que chega ao oínte. Historias de abandonos e ocasións desperdiciadas narradas con madurez e unha constante dor do corazón.

As entradas para o concerto do 11 de febreiro están á venda a un prezo de 20 euros en anticipada a través de www.servinova.com (902 504 500) e das tiendas: Elepé (Vigo), Discos Noni’s (A Coruña), Gong e A Reixa Tenda (Santiago).

Direcciones relacionadas



Compartir: