EMPREGO

Máis de 200 persoas presentan a solicitude para participar no programa de inserción laboral Persoa IV

12/01/2009 Un total de 228 persoas presentou a solicitude para participar no programa de inserción laboral Persoa IV, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Das inscricións presentadas ata o 10 de xaneiro, cando rematou o prazo de inscrición, 179, o 78,5% son de mulleres.

Este programa experimental de emprego ten como obxectivo promover a integración laboral de 120 desempregadas/os, a través da súa participación nun proceso integral de inserción (formación, prácticas en empresas e apoio á colocación) en ocupacións consideradas novos xacementos de emprego. O Persoa IV divídese en duas fases. En cada unha delas formaránse 60 persoas. No Proxecto Persoa III accederon ao mercado laboral a través de contratos de diferente duración, 103 das 105 persoas participantes.

O Persoa IV conta cun orzamento de 720.000 euros e está dirixido a persoas desempregadas, sobre todo persoas menores de 30 anos e maiores de 45, desempregadas/os de longa duración e mulleres que abandonaron o mercado laboral e queren reinsertarse. O programa focaliza a súa atención nos servizos persoais a coidadores de persoas maiores, de persoas enfermas e discapacitadas e de nenos/as. As 60 persoas que accedan á primeira fase do proxecto formaránse en catro especialidades, nas que primará a prática laboral. Son:

a) Especialista no coidado e atención a persoas maiores e descapacitadas
b) Dirección e xestión de centros e servizos de atención a maiores
c) Especialistas en mediación familiar e socioeducativa na resolución de conflictos
d) Reparación, mantemente e adaptación de edificios e vivendas para maiores e dependentes

Esta primeira fase desenvolverase ata novembro de 2009. A segunda, na que se impartirán as especialidades de Atención temperá e estimulación precoz, Auxiliar de axuda a domicilio, Xestión e desenvolvemento de servizos e empresas de axuda a domicilio, e Especialista en asistencia persoal, terá lugar entre outubro de 2009 e setembro de 2010. As persoas participantes recibirán unha beca de asistencia de 325 euros ao mes durante o periodo de formación teórica e práctica en empresa.

Compartir: