ALCALDÍA

O concello cederá un terreo a FEAFES Galicia para a construción dun centro de atención integral aos enfermos mentais

09/01/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá en Raxoi ao presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES Galicia), Xosé Ramón Girón García. Nesta xuntanza, a Federación plantexou a súa intención de construír en Santiago un centro de atención integral a este tipo de enfermos que de servizo a toda Galicia. O alcalde comprometeuse a buscar e ceder un terreo para este centro.

Segundo manifestaron na reunión os representantes de FEAFES, a intención da entidade é construír un centro pioneiro en Galicia, que prestará servizos de rehabilitación e inserción socio-laboral, pero tamén de diagnóstico precoz e terapéuticos. Ademais, pretenden deixar unha parte residencial para acoller a aqueles enfermos que non sexan de Santiago.

Compartir: