MEDIO AMBIENTE

O Concello recolle as árbores de Nadal

07/01/2009 Como cada ano, rematado o Nadal, a Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración con Protección Civil, pon en marcha unha campaña para a recollida das árbores de Nadal. Os cidadáns poden facer uso deste servizo ata o 16 de xaneiro.

Os veciños poden chamar aos teléfonos 981 542 451 (Parques e Xardíns) en horario de mañá, e 981 543 105 (Protección Civil) de 17:00 a 20:00 horas se queren que lle vaian a recoller as árbores. Tamén poden deixalas eles mesmos no Departamento de Parques e Xardíns (praza de Camilo Díaz Baliño, no lateral da Estación de Autobuses) ou no viveiro municipal de Lamas de Abade.

As árbores serán levadas ao viveiro, onde pasarán algún tempo para aclimatarse, xa que a calefacción dos fogares supón para elas un ambiente moi agresivo. Unha vez recuperadas, serán replantadas ou permanecerán no propio viveiro para o seu uso no seguinte Nadal. Despois do 16 de xaneiro, os cidadáns poden seguir levando pola súa conta as árbores ao viveiro.

Compartir: