FESTAS
Ao seu paso, as súas Maxestades repartirán caramelos, que un ano máis serán sen glute, para que os poidan tomar os celíacos. Os Reis estarán secundados por escuadróns a cabalo e a pé e grupos de animación. Amenizarán musicalmente o percorrido bandas de cornetas e tambores. Nas carrozas haberá tamén unha representación do colectivo de persoas con síndrome de Down. A comitiva deterase uns minutos na praza Roxa, onde haberá un espectáculo de luz e son.
Os Reis Magos chegarán sobre as 19:00 horas á Praza do Obradoiro. Entón dirixiranse ao Pazo de Raxoi, onde serán recibidos polo alcalde e pola Corporación Municipal. Logo, o rei Melchor dirixirase dende os balcóns aos nenos e nenas presentes na praza. Para que os nenos xordos poidan tamén entender a mensaxe, unha persoa traducirá o discurso á linguaxe de signos.
E tras un espectáculo de luz, son e fogos de artificio, todos os nenos serán recibidos polos Reis, que atenderán as súas peticións no Salón Nobre e daranlles máis caramelos.
Carteiro Real
Xa o día antes, o domingo 4, a partir das 17:00 horas, o Carteiro Real estará na praza do Toural para recoller as cartas dos rapaces, nunha xornada tamén chea de animación. Ás 18.30 horas, o Carteiro estará na praza Roxa.
O paxe repartirá unhas mans xigantes de cartón para dar a benvida aos Reis ao día seguinte, e un pequeno cofre de cartón no que meter todos os caramelos o día da Cabalgata. A Concellería de Festas tamén entregará un modelo de carta aos Reis, que figura como anexo recortable no programa para este día.
Nove carrozas e máis de 200 figurantes encherán de cores e ilusións as rúas compostelás na Cabalgata de Reis
02/01/2009 O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou as actividades previstas para a Cabalgata de Reis. As súas Maxestades chegarán, un Nadal máis e xa van 41, en tren, para logo dirixirse á praza do Obradoiro percorrendo diversas rúas e prazas da cidade.
Nove carrozas e máis de 200 persoas participarán nesta edición da tradicional Cabalgata, que arrincará ás 17:45 horas do luns 5 de xaneiro, coa chegada dos Reis á estación do ferrocarril. Alí serán recibidos polas autoridades e pola Banda Municipal. A continuación, percorrido polas rúas da cidade: Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, Rúa do Vilar, Xelmírez e Praza das Praterías.Ao seu paso, as súas Maxestades repartirán caramelos, que un ano máis serán sen glute, para que os poidan tomar os celíacos. Os Reis estarán secundados por escuadróns a cabalo e a pé e grupos de animación. Amenizarán musicalmente o percorrido bandas de cornetas e tambores. Nas carrozas haberá tamén unha representación do colectivo de persoas con síndrome de Down. A comitiva deterase uns minutos na praza Roxa, onde haberá un espectáculo de luz e son.