CULTURA

Concerto especial de Nadal da Banda Municipal de Música

19/12/2008 O Teatro Principal acollerá o domingo 21, ás 12:00 horas, un concerto especial de Nadal da Banda Municipal de Música. O crebanoces, de Piotr Ilich Chaikovsqui, será a obra protagonista dunha sesión na que a narración correrá a cargo de Santi Prego.

O núcleo do concerto serán as distintas partes de "O crebanoces". Pero tamén haberá tempo para escoitar obras moi propias destas datas como a Suite holandesa, de Henk van Lijnschooten; os valses de Á beira do Danubio Azul, de Johan Strauss fillo; e a Marcha Radetzky, de Johan Strauss pai.

O crebanoces sitúase na noite de Nadal, cando o padriño Drosselmeier regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces con él o boneco acaba rompendo, e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a verdadeira historia do boneco Crebanoces, que en realidade resultará ser un príncipe encantado.

Compartir: