ALCALDÍA

Recoñecemento aos traballadores das empresas de servizos municipais

18/12/2008 Un día despois da recepción aos traballadores xubilados en 2008, vez para os integrantes das empresas de servizos municipais. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, agradeceulles o seu traballo ao longo do ano que remata.

Traballadores de servizos como os de auga de auga, mantemento de parques e xardíns, limpeza, alumeado, sinalización ou xestión dos recintos deportivos da cidade pasaron por Raxoi. Foi momento para recordar o labor realizado en 2008 e para pensar no futuro. Uns 600 traballadores realizan estas tarefas básicas no Concello.

Compartir: