ALCALDÍA

O alcalde agradece aos xubilados de 2008 o seu traballo a prol da cidade

17/12/2008 A recepción e entrega de placas aos traballadores do Concello xubilados xa se ten convertido nunha cita tradicional das datas previas ao Nadal. Así sucedeu tamén este 2008, no que o alcalde agradeceu o seu traballo aos que deixaron de exercer as súas funcións.

Sánchez Bugallo destacou o labor de todos estes traballadores ao longo de tantos anos e expresoulles o seu "cariño, afecto e recoñecemento". Recordoulles que, grazas a eles, "nun Concello pequeno como este facemos cousas que a outros lle parecen imposibles". "Non somos numerosos, pero si entusiastas", engadiu.

O agradecemento quedou plasmado na placa que cada un deles recibiu de mans do alcalde, quen finalmente lles desexou un bo Nadal.

José da Torre Regueiro (condutor Parque Móbil), Jesús Fernández Gómez (encargado de mantemento do Parque Móbil), Juan Rico Lenza (enxeñeiro), Santiago Veiga Rodríguez (bombeiro), Manuel Pérez Brocos (uxier), José Manuel Gianzo Otero (conserxe), Manuel Couto Trasar (condutor da Brigada de Vías e Obras), Cesáreo Rey Noya (xefe de Bombeiros), Juan José Martínez Pais (Parques e Xardíns), Fernando Gontad Losada (músico), Manuel Gómez Castro (enxeñeiro), Manuel Varela García (bombeiro), Rosendo López Tabeada (policía municipal), María León Novo (Servizo de Limpeza), Concepción Iglesias Sanmartín (Servizo de Limpeza) e Santiago Freire Prieto (oficial da Brigada de Vías e Obras) son os traballadores que deixaron ou deixan o seu posto en 2008.

Compartir: