DEPORTES/EDUCACIÓN
Os centros de ensino asumirán o trasporte de ida e volta desde o centro á piscina.
"Á auga patos" impulsará a natación entre os escolares
04/10/2005 Os departamentos de Deportes e Educación desenvolverán durante o curso escolar 2005-2006 o programa de Natación Escolar "Á auga patos", a través da empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos SL (Xade), que xestionará os equipamentos deportivos para organizar o programa, isto é, o Parque deportivo do Sar (piscina e multiusos) e o Complexo deportivo de Santa Isabel.
Os gastos de publicidade, promoción, as bolsas dos alumnos ou dos colectivos que se determinen e prestarán os servizos administrativos para servir de enlace entre os centros e a empresa Xade, que, pola súa banda, executará o programa durante o curso en horario de 10 a 13 horas. Por cada alumno percibirán 39 euros por todo o curso.Os centros de ensino asumirán o trasporte de ida e volta desde o centro á piscina.