ALCALDÍA

O alcalde presenta en Madrid unha novidosa proposta para converter o Hórreo nun bulevar con mirador

16/12/2008 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coa secretaria de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Josefina Cruz. No encontro fixeron seguimento ao convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Fomento e ratificouse a previsión da inmediata adxudicación das obras do terceiro carril da AP-9.

Josefina Cruz anuncioulle tamén a Sánchez Bugallo a previsión de que en xaneiro de 2009 saian a licitación as obras do polígono do Tambre, así como a obra do paso inferior de Conxo, esta por un importe de 6,6 millóns de euros.

Doutra banda, o alcalde presentou unha proposta de tratamento superficial para a remodelación da rúa do Hórreo, de xeito que se converta nunha avenida urbana con mirador. En canto á ampliación do novo carril da AP-9, proseguen as negociacións coa nova concesionaria, Citigroup, e o Ministerio de Fomento está dando os pasos precisos, segundo informou a secretaria de Estado de Infraestruturas ao alcalde compostelán. Unha vez obtida a autorización medioambiental encargarase a redacción do proxecto, paralelamente ás negociacións con Citigroup.

Finalmente, no encontro Bugallo trasladoulle a Cruz a necesidade de impulsar con carácter urxente a estación do AVE e a nova terminal aeroportuaria.

Compartir: