ALCALDÍA

A Nova Escola Galega cumpre 25 anos

13/12/2008 O sábado 13 de decembro celebráronse os actos conmemorativos do XXV aniversario da Nova Escola Galega, entidade dedicada a impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo galego. O Concello colabora activamente con esta entidade, especialmente na organización do concurso Educacompostela.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu a estes actos, celebrados no Museo do Pobo Galego. Tras a inauguración, celebrouse unha mesa redonda, á que seguiu o nomeamento dos socios de honra. A lectura do manifesto dos 25 anos da Nova Escola Galega, unha actuación musical de Xosé V. Ferreirós e unha ofrenda floral no Panteón de Galegos e de Galegas Iustres pecharon o programa de actividades.

Compartir: