ALCALDÍA

Sánchez Bugallo demanda á Administración central a rápida licitación das obras na Praza de Abastos

13/12/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a Praza de Abastos, acompañado polo concelleiro de Mercados, Carlos Nieves.

Tras visitar a zona do novo toldo, o alcalde falou da reforma da Praza e recordou que o Concello ten a dotación orzamentaria destinada a esta reforma dispoñible, pero que a obra tena que licitar o Ministerio de Vivenda. Nesta mesma semana xa se estivo levantando a acta de replanteo, polo que Sánchez Bugallo agarda que poidan comezar en breve as obras, pero pediulle a Xunta e Ministerio que "se poñan as pilas".

O alcalde aproveitou tamén a súa visita para animar á xente a consumir dentro das súas posibilidades porque, segundo dixo, é a forma de reactivar a economía.

Xa pola tarde, tanto o alcalde coma o concelleiro visitaron o Mercado de Nadal da rúa de San Pedro, organizado pola Asociación de Comerciantes do barrio.

Compartir: