REAL PADROADO

O Real Padroado de Santiago de Compostela reunirase previsiblemente en xullo de 2006

03/10/2005 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, acordaron fixar unha reunión do Real Padroado da Cidade para o mes de xullo de 2006, unha data que se fixará de acordo coa axenda da Casa Real.

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, acordaron fixar unha reunión do Real Padroado da Cidade para o mes de xullo de 2006, unha data que se fixará de acordo coa axenda da Casa Real. Esta futura reunión servirá para impulsar novas actividades do Consorcio da Cidade, organismo público de xestión no que están representadas as administracións central, autonómica e local.

Sánchez Bugallo reuniuse este mediodía no Hostal dos Reis Católicos con Zapatero, quen previamente mantivo un encontro oficial no Pazo de Raxoi co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que tamén estivo presente na xuntanza entre o mandatario compostelán e o presidente do Goberno, no Hostal dos Reis Católicos.

Compartir: