EDUCACIÓN

Agasallos para os pequenos ilustradores do Nadal de Compostela

11/12/2008 Os gañadores do Concurso de Carteis e do Programa de Nadal, organizado pola Concellería de Educación, recibiron os seus agasallos nun acto celebrado en Raxoi e presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Os nenos recibiron así os seus primeiros regalos do Nadal, como premio a uns traballos que ilustrarán o cartel e o programa desta festas.

Roque Piñeiro Viena, de 5º curso do colexio Compañía de María, recibiu o premio pola súa singular visión dos personaxes do Nadal. Para el foi unha bicicleta e unha consola, e para o seu colexio 120 euros. O seu debuxo será a imaxe do cartel das festas.

O segundo premio recollérono os seus catro pequenos autores e autoras: Hilari Jazmín Najaro León, Daniel Neira Arias, Andrés Osorio Leyenda e Carlota Sanjuán Vázquez, todos alumnos do CEIP Ramón Cabanillas. A terceira clasificada foi Uxía Bello Gómez, artista de 4 anos do colexio Vilas Alborada.

Tamén recibiron agasallos os tres accésit: o primeiro a Eva Pérez Vidal, do CEIP Fontiñas; o segundo, Belén Tato Rodríguez, de Compañía de María; e Antía Cabo Rodríguez, do mesmo centro que a anterior.

Estes seis traballos resultaron elixidos entre os 831 que se presentaron ao Concurso. Pertencen a 24 centros composteláns. A contía total en premios foi nesta edición de 960 euros.

Acompañaron aos rapaces neste acto os integrantes do xurado, formado por Guadalupe Rodríguez Silva (concelleira de Educación), Xosé Ramón Gutiérrez Rodríguez ( 6º E. P. da Colexiata de Sar), Carla Fernández González ( 6º E.P. do C. A Milagrosa), Anna Natalia Mainska ( 6º E.P. do CEIP Vite), Ines Sanluis Rodríguez (6º E.P. do CEIP Fontiñas), Claudia Algarrada Fernández (6ºE.P. do C.Sta. Apolonia), Jorge Axeitos (Ilustrador), Xosé Manuel Rodríguez-Abella Gómez (Xefe do Departamento de Educación e Mocidade) e Beatriz Varela Morales (técnica do Departamento de Educación).

Os traballos presentados estarán expostos na zona de entrada do Multiusos Fontes do Sar, onde se desenvolverá Nadalxogo do 25 de decembro ao 4 de xaneiro.

Compartir: