MERCADOS

Mercagalicia pecha o exercicio de 2008 segundo o previsto

05/12/2008 O concelleiro de Transportes e Mercados, Carlos Nieves, presidiu o Consello de Administración de Mercagalicia, que tivo lugar na sede desta entidade, no Polígono do Tambre. Nesta sesión deuse conta da marcha da planificación realizada a principios de ano.

Segundo o tratado no Consello de Administración, a planificación prevista para este ano quedou cuberta; antes de final de ano, polo tanto, estarán executadas todas as accións e actuacións previstas no comezo do exercicio.

Así mesmo, os membros do Consello acordaron planificar mediante un estudo económico o mantemento correcto das instalacións con carácter anual. Por último, deuse conta da previsión de entrada en funcionamento na primeira quincena de decembro da nave que se vira afectada por un incendio no pasado mes de agosto.

Compartir: