CONSORCIO

O Consorcio de Santiago saca a concurso a restauración da antiga Calzada Real de Sar cun orzamento de 800.000 euros

05/12/2008 Trala modificación do proxecto, elaborada pola Oficina técnica do Consorcio, dacordo coa proposta de actuación da
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, arranca definitivamente o proceso para o inicio da execución das obras.

O Consorcio de Santiago inicia o proceso de licitación das obras de restauración da antiga Calzada Real de Sar. Estas obras estarán de acordo co proxecto de restauración realizado e coas modificacións que, por parte da Oficina Técnica do Consorcio, foi necesario introducir co fin de recoller as indicacións realizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e obter o seu visto bo para a realización das obras. Estas modificacións atenden a aspectos constructivos e formais, tales como o mantemento e reutilización de todas as pezas orixinais da Calzada que se atopen en bo estado de conservación, completando o resto con pezas do mesmo material, e proxectándose unha beirarúa que se construirá pola marxe das vivendas para facilitar a circulación dos veciños e que será construida con grandes lousas de cantería.

Así mesmo cómpre lembrar que tres escaleiras de acceso peonil á Cidade da Cultura arrancarán da Calzada de Sar. Por ese motivo o muro de contención lateral desa marxe manterá o carácter constructivo e o aspecto formal dos muros tradicionais da zona.

O orzamento de licitación das obras de restauración da antiga
Calzada Real do Sar é de 800.000 euros.

Compartir: