FESTAS
O alumeado deste ano conta cun orzamento total de 165.000 euros, dos que 58.000 se empregan na iluminación do casco histórico onde se distribúen 126 arcos luminosos en 25 rúas e 5 prazas (Cervantes, Fonseca, Toural, Praterías e Obradoiro):
A praza de Cervantes leva un paraugas con 2.700 puntos de luz tipo led; a praza de Fonseca está iluminada con 5.000 puntos de luz, na de Praterías salienta o ornamento da fachada do antigo Banco de España, con 9 copos de neve compostos por 50 bombillas flash producindo un efecto con destellos intermitentes, así coma iluminación directa na fonte.
A praza do Toural leva un teito de luces de led blanco con outros 5.000 puntos de luz. É de destacar o baixo consumo da iluminación deste ano; como exemplo, estes 5.000 puntos de luz consumen 245 watios.
A praza do Obradoiro está adornada co tradicional abeto, o Belén e a iluminación da fachada do Pazo de Raxoi que contén 3 quilómetros de fío luminoso. Cómpre salientar tamén a Alameda, o Paseo dos Leóns, a árbore de Porta Faxeira ou os catro letreiros de BO NADAL nas entradas da cidade.
O orzamento co que saíron a concurso as rúas do Ensanche é de 50.000 euros que abarca 12 rúas e 3 prazas (praza de Galicia, praza Roxa e praza de Vigo) destacando o tramo que vai da rúa Rosalía de Castro ata a Fonte de San Anonio con 42 arcos e máis de 1 quilómetro de rúa iluminada.
A política que se seguiu para iluminar estas rúas e non outras é que se trata das principais arterias da cidade asi coma as de entrada e saída, tal e como sinalou o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, que tamén indicou que, á marxe desta inversión, no resto das rúas da cidade nas que se cheguen a crear comisións de traballo formadas por hosteleiros, comerciantes e representantes doutras actividades económicas, o Concello aportará o 30% da inversión total. Xa están formadas estas comisións nas rúas Xeneral Pardiñas, Alfredo Brañas, Rúa Nova de Abaixo e, no casco histórico, Porta da Pena e Rúa da Troia.
O encendido terá lugar mañá, venres día 5 ás 20.00 h. comezando polo teito de luces da praza do Toural e o abeto xigante de Porta Faxeira, Alameda e rúa de Xoán Carlos I.
O horario diario de iluminación será desde as 18.00 h. ata as 2.00 da madrugada agás os días 24, 25 e 31 de decembro e 5 de xaneiro que será ata o mencer.
Ademais do alumeado o Concello está ultimando un amplo e variado programa de actividades que dará comezo na segunda quincena do presente mes e rematará coa Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro.
O Nadal comeza o venres en Compostela co encendido das luces
04/12/2008 O alumeado de Nadal chegará as rúas de Santiago este venres, día 5 de decembro. Así o anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, que presentou a decoración que se poderá ver nas principais rúas da cidade. O acto de encendido terá lugar ás 20.00 horas na Praza do Toural.
Nun ano difícil para a economía en xeral e en particular para comerciantes, hosteleiros e demáis actividades económicas, a Concellaría de Festas fai un esforzo económico coma nunca co fin de ambientar as rúas e prazas da cidade nunhas datas tan significativas, colaborando así na promoción da cidade desde o punto de vista comercial, turístico e tamén para deleite dos cidadáns e cidadás, especialmente dos máis pequenos.O alumeado deste ano conta cun orzamento total de 165.000 euros, dos que 58.000 se empregan na iluminación do casco histórico onde se distribúen 126 arcos luminosos en 25 rúas e 5 prazas (Cervantes, Fonseca, Toural, Praterías e Obradoiro):