EDUCACIÓN

O debuxo dun alumno da Compañía de María álzase co primeiro premio no concurso de Carteis para este Nadal

02/12/2008 Roque Piñeiro Viena, do colexio Compañía de María, foi o autor do traballo gañador do Concurso de Carteis e do Programa de Nadal que cada ano organiza a Concellaría de Educación. O seu debuxo será a imaxe do cartel do Concello nestas datas, mentres que os traballos clasificados en segundo e terceiro lugar e os accésit ilustrarán o programas coas actividades preparadas para estas festas.

O segundo premio recaeu no traballo colectivo realizado por Hilari Jazmin Najaro León, Daniel Neira Arias, Andrés Osorio Leyenda e Carlota Sanjuán Vázquez, alumnos do CEIP "Ramón Cabanillas", e o terceiro correspondeulle a Uxía Bello Gómez, artista de 4 anos que cursa os seus estudos no colexio Vilas Alborada.

O xurado, formado por Guadalupe Rodríguez Silva (Concelleira de Educación do Concello de Santiago), Xosé Ramón Gutiérrez Rodríguez ( 6º E.P. da Colexiata de Sar), Carla Fernández González ( 6º E.P. do C. A Milagrosa), Anna Natalia Mainska ( 6º E.P. do CEIP Vite), Ines Sanluis Rodríguez (6º E.P. do CEIP Fontiñas), Claudia Algarrada Fernández (6ºE.P. do C.Sta. Apolonia), Jorge Axeitos (Ilustrador), Xosé Manuel Rodríguez-Abella Gómez (Xefe do Servizo do Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago) e Beatriz Varela Morales (Técnica do Departamento de Educación. Concello de Santiago), decidiu conceder tamén tres accésit: o primeiro a Eva Pérez Vidal, do CEIP Fontiñas; o segundo, a Belén Tato Rodríguez, de Compañía de María; e a Antía Cabo Rodríguez, do mesmo que centro que a anterior.

A contía económica do concurso é de 960 euros dos que 360 recaen no primeiro premio (240 para o autor do debuxo e 120 para o centro no que estude). O segundo cartel recibe 240 euros (150 e 90) e o terceiro 180 euros (120 e 60). Aos accésits correspóndenlles 60 euros.

Os traballos presentados expoñeranse na zona de entrada do Multiusos Fontes do Sar, onde se desenvolverá Nadalxogo.

Compartir: