DEPORTES

A Fundación Compostela Deporte entrega as bolsas ás promesas do deporte compostelán

25/11/2008 O alcalde e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a Gala de Entrega das Bolsas para a formación e perfeccionamento das promesas do deporte compostelán, que teñen unha contía de 1.200 euros cada unha. Unha iniciativa coa que a entidade quere aportar unha axuda para cubrir o espazo baleiro entre a etapa da formación e a profesional.

Estas axudas son un apoio á práctica deportiva de base con proxección para acadar a elite. O ciclista do Xacobeo Galicia Ezequiel Mosquera foi o padriño dos (as) deportistas nesta cuarta edición da Gala, que se celebrou no Auditorio de Galicia. O evento tamén contou coa asistencia do concelleiro de Deportes e vicepresidente da entidade, Andrés Fariña, dos representantes do Padroado da Fundación, das empresas patrocinadoras do acto e do Comité de Selección das Bolsas.

Os beneficiarios da cuarta edición das Bolsas son:

- VELA: Francisco Castro Domínguez (Real Club Náutico de Sanxenxo).

- TRIATLÓN: Alberto Trillo Barca, Antón Ruanova Fernández, Iago Ruanova Fernández e Álvaro Vilela Pájaro; os catro pertencentes ao Club Triatlón Bricosa Inforhouse.

- NATACIÓN: Beatriz De Uña Bóveda (CDUS), Estefanía Pérez García e Sara Blanco Fariña (ambas do Club Natación Santiago).

- ATLETISMO: Beatriz Capeáns Tubío e Diego Barreiro Carneiro (ambos do CDUS).

- IUDO: Andrea Fernández Barreiro, Ana María García Esmorís e Pablo Forján Somoza (os tres pertencen ao CDUS).

- DUATLÓN: María Puga Fernández (Club Triatlón Bricosa Inforhouse).

- GOLF: Adriana Costa Fraiz (Real Aero Club de Santiago).

Por outra banda, os adestradores dos deportistas beneficiarios recibiron cada un, un vale de 600 euros en material deportivo. Relación de adestradores:

- CLUB TRIATLÓN BRICOSA: Diego Álvarez Carballeira, Omar González e Francisco Iglesias Prado.

- CLUB DEPORTIVO UNIVERSIDADE (CDUS): Mariano García-Verdugo e Manuel Vigo (ambos de atletismo), Guillermo Méndez Leis de natación e Manuel Mallo de iudo.

- CLUB NATACIÓN SANTIAGO: David García Fontán.

- REAL CLUB NAÚTICO DE SANXENXO: José Manuel Castro Porto.

- REAL AERO CLUB DE SANTIAGO: Sebastián de Miguel Escudero.

O resto de seleccionados e seleccionadas levaron cadanseu vale de 120 euros, tamén para a adquisición de material deportivo. Ademais, os corenta seleccionados recibiron un MP3 de Blusens e os adestradores un agasallo de Pedras de Santiago.

A Gala contou con representantes das entidades que forman parte do Padroado da Fundación Compostela Deporte: o Concello de Santiago, Alcampo, Aquagest, Área Central, Caixanova, Grupo Correo Gallego, Noyamóvil e Ruafer. Tamén estiveron presentes os representantes das empresas patrocinadoras da Gala: Begano, Centro Deportivo, Coremain, Dado Dadá, Otero Caritón, Pedras de Santiago e Señorío de Roblido.

Documentos relacionados



Compartir: