TRANSPORTES

Aprobadas as novas tarifas de taxi para 2009

18/11/2008 O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, presentou as novas tarifas de auto-taxi para 2009, aprobadas pola Xunta de Goberno. A tarifa mínima por quilómetro percorrido durante o día queda en 0,86 euros, quedando a baixada de bandeira en 3,25 euros. A suba media das tarifas é dun 4,3%.

O prezo por quilómetro percorrido en horario nocturno será de 1,30 euros, mentres que nos festivos o custo será de 1,08 euros. Se a percepción mínima polo día é de 3,25 euros, a da noite é de 4,55 euros e a dos festivos 3,85 euros. A hora de espera nestes tres casos custará, respectivamente, 17,40, 26 ou 21,60 euros.

Á hora de aplicar estas tarifas, cómpre lembrar que a percepción mínima inclúe a combinación de cinco minutos de espera ou un percorrido de 1.700 metros. A tarifa de festivos aplicarase a partir das 15:00 horas dos sábados. Ademais, os días 1 de xaneiro, 25 de xullo e 25 de decembro aplicarase a tarifa nocturna.

O servizo ao aeroporto ten unha tarifa fixa de 18,50 euros. En canto aos suplementos, establécese un de 0,45 euros por maleta ou vulto, e de tres euros por bicicletas ou reserva do servizo. Ningún destes suplementos será cobrado cando se estea aplicando a tarifa nocturna.

Compartir: