ALCALDÍA

Redactado o convenio para a construción da nova estación do AVE

17/11/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente de ADIF, Antonio González Marín. Ao remate da entrevista, Bugallo sinalou que o convenio para a construción da nova estación do tren quedou xa redactado, polo que, unha vez estudado, as partes deberán manifestar a súa conformidade ou disconformidade.

Sánchez Bugallo explicou que existe a "vontade", explicou, de que en canto o convenio en vigor se empecen inmediatamente os traballos para redactar o Plan Especial desa zona segundo o previsto no PXOM. A tal efecto, buscarase "o mellor equipo técnico".

O alcalde indicou tamén que ADIF asume que hai que cambiar o proxecto no que atinxe ao paso do AVE polo Castiñeiriño, reducindo a zona de afección e facilitando a súa integración coa zona urbana. En opinión de Bugallo, dende ADIF son conscientes de que se trata dunha "zona sensible".

Compartir: