CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais celebra a segunda edición das Xornadas de baile popular e de salón

26/09/2005 Por segundo ano consecutivo, a Rede de Centros Socioculturais promove unhas Xornadas de baile popular e de salón que, durante cinco días promocionarán diversas disciplinas danzísticas para atraer a novos públicos aos centros socioculturais e ás escolas de Santiago. O programa inclúe cursos intensivos de danza tradicional, técnica pilates, danza do ventre, capoeira, bailes de salón e danza moderna.

A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentou o luns 26 as Xornadas de baile popular e de salón 2005, que ata o vindeiro 30 de setembro levarán aos Centros Socioculturais de Vite, Fontiñas e O Castiñeiriño, ao Estadio Universitario da USC e ao Gimnasio Escola San Clemente talleres moi diversos de danza e baile popular e de salón.

Nesta edición, trátase de promocionar a danza tradicional, a técnica pilates, a danza do ventre, a capoeira, os bailes de salón e a danza moderna entre o público compostelán, ademais de ofrecerse como "punto de encontro" para as persoas xa iniciadas no baile.

Promovidas pola Rede de Centros Socioculturais, as xornadas están dirixidas por Francisco Muñiz e Patricia Fariña, do Gimnasio EScola Sanclemente, en colaboración co Club Deportivo da USC. Os mestres

Todos aqueles que se queiran apuntar a algún dos cursos han de dirixirse ao Gimnasio Escola San Clemente (teléfono 981 55 71 75).

Compartir: