TURISMO

Santiago e Tanabe (Xapón) promocionan conxuntamente en Madrid os seus camiños Patrimonio da Humanidade

29/10/2008 As cidades de Santiago de Compostela e Tanabe fixeron, na Casa de Galicia en Madrid, unha presentación conxunta dos seus respectivos camiños de peregrinación aos medios de comunicación. Estiveron presentes dúas delegacións de ambas cidades, encabezadas pola concelleira de Turismo de Tanaba, Noriko Tada e o concelleiro de Turismo de Santiago, Xosé Manuel Iglesias. Os integrantes das dúas delegacións ían ataviados con traxes típicos locais.

Santiago de Compostela e Tanabe comparten o privilexio de ser o punto final de dúas rutas culturais declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco, o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano Kodo.

O Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano Kodo teñen en común múltiples características, malia a distancia xeográfica que os separa. Ambos camiños orixináronse no século X e por eles camiñaron e camiñan millóns de persoas, sendo vertebradores da cultura europea e da cultura nipona, respectivamente.

Santiago e Tanabe comezaron en 2008 un proxecto de promoción conxunta que ten entre os seus obxectivos fomentar o turismo cultural e profundizar nas relacións e o mutuo coñecemento entre Galicia e Xapón. Santiago de Compostela, mediante a empresa municipal de promoción turística da cidade, Turismo de Santiago, estivo presente a mediados de setembro en Xapón presentando a capital de Galicia xunto con representantes de Tanabe.

Compartir: