EDUCACIÓN

Máis de 500 escolares asistirán á representación do conto musicado "Hansel e Gretel"

27/10/2008 O Teatro Principal acolle o martes 28 de outubro unha nova actividade dentro do programa de actuacións de teatro e musica para escolares de centros de ensino, promovido pola Concellería de Educación e inclu. Máis de 500 escolares asistirán á representación do conto musicado Hansel e Gretel. Para posteriores entregas está prevista a actuación do grupo Mamá Cabra e a exhibición do filme The Kid, de Charles Chaplin, coa música en directo do grupo Ancestral.

O quinteto de vento Pentafonía encárgase de por música a Hansel e Gretel. Este grupo está formado por David Martínez Lombardía (frauta), Xosé Manuel Rosales (óboe), Martiño Baleirón Frieiro (clarinete), Samuel Pérez Llobell (trompa) e Xosé Alexandre Valcárcel (fagot). Este grupo estará acompañado do grupo de títeres Seisdedos e dun pianista.

O obxectivo deste concerto é propiciar entre os rapaces unha actitude aberta e positiva ante calquera expresión dramática musical. Preténdese tamén que adquiran unha actitude relaxada e atenta durante o conto musical, fomentando así o hábito de escoitar música con atención para comprendela e disfrutar con ela.

Participarán neste concerto, 513 escolares de primeiro e segundo ciclo de Primaria dos CEIP Fontiñas, Monte dos Postes, Roxos e Colexiata de Sar, e dos Colexios San Xurxo, Divino Mestre, Vilas Alborada, San Paio, Junior´s e San Francisco Xabier. As sesións, duns 60 minutos de duración, terán lugar ás 10:30 e ás 12:00 horas.

O xoves 30 de outubro, momento para o cine, coa proxección de The Kid, de Charles Chaplin. Cine mudo ao que poñerá música de acompañamento o grupo Ancestral. Será 10:00 e ás 11:30 horas no Principal. E o venres 31 de outubro, no Auditorio de Galicia, ás 10:30 horas, actuará Mamá Cabra.

Todas estas actuacións forman parte do Convenio de colaboración coa Deputación de A Coruña, dentro da Rede Cultural 2008.

Compartir: