ALCALDÍA

O alcalde visitou o novo piso da Fundación Andrea destinado aos pais dos nenos hospitalizados

24/10/2008 A Fundación Andrea adquiriu un dúplex destinado aos pais dos nenos hospitalizados con enfermidades crónicas ou de longa duración que non teñen a súa residencia en Santiago. Este inmoble está a penas a 200 metros do Hospital Clínico.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou este piso con motivo da súa inauguración e posta a disposición dos pais. A vivenda da Fundación Andrea, totalmente amoblada e decorada, está no número 35 da avenida de Barcelona. A entidade quere estender este servizo a outras cidades galegas.

Compartir: