XUNTA DE GOBERNO

Adxudícase a redacción dos proxectos para a reurbanización dos accesos á cidade

21/10/2008 A Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente a redacción dos proxectos de reurbanización dos contornos urbanos da cidade de acceso á cidade. Os tramos que se reformarán, que forman parte do chamado convenio de travesías asinado coa Consellería de Política Territorial son: dende a avenida de Castelao ata a Ponte do Romaño, a avenida de Castelao, a rúa Galeras-Salvadas-Vista Alegre ata o cruce coa avenida de Castelao, Rosalía de Castro dende Romero Donallo-Santa Marta-Choupana-Volta do Castro, e o tramo Fonte dos Concheiros-rúa das Fontiñas, rúa do Valiño.

A redacción destes cinco proxectos suporá un investimento de 476.640 euros. Redactados estes proxectos, poderán acometerse progresivamente estas cinco obras, que permitirán mellorar significativamente as principais entradas de Santiago. Facilitarán a integración urbana de todas estas rúas, cun modelo semellante ao escollido para a estrada de Noia, segundo anunciara no seu momento o alcalde.

As actuacións de mellora inclúen unha nova pavimentación rodada, a construción e acondicionamento das beirarrúas, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a implantación de servizos urbanísticos e a dotación de mobiliario urbano.

Compartir: