ALCALDÍA

A Aula de Renovación Urbana segue a responder ás necesidades actuais dos centros históricos

17/10/2008 A Aula Renovación Urbana alcanza unha nova edición na procura de formación na conservación dos centros históricos e na xestión pública dos mesmos. Arquitectos, aparelladores, historiadores da arte, sociólogos e outros profesionais coa renovación urbana e a rehabilitación participan neste máster.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova convocatoria deste curso, posto en marcha en 2005 pola Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación. De contidos fundamentalmente prácticos, a Aula responde á necesidade de técnicos e empresas cualificados e con coñecementos especializados na conservación efectiva dos centros históricos, así como de xestores públicos capaces de atender as demandas dos residentes, individualizando cada caso e asesorando e canalizando cada unha das demandas de asistencia na renovación das vivendas.

No curso analízanse presupostos prácticos e proxectos de rehabilitación urbana concretos, que atenden aos problemas actuais dos centros históricos de Galicia. Os proxectos realízanse coa perspectiva de poñerse en práctica de forma inmediata.

Compartir: