ALCALDÍA

Os retos de ser maior, a debate en Compostela

07/10/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o XVII Congreso Confederal e Internacional da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España. Neste encontro, que se celebra do 6 ao 8 de outubro, participan uns 1.500 representantes de asociacións nacionais e internacionais de maiores.

Na súa intervención, Sánchez Bugallo falou do papel que na nosa sociedade xogan os maiores, colectivo que supón en España un 20% da poboación, porcentaxe maior aínda en Galicia. Na nosa Comunide Autónoma, o número de maiores case duplica ao de menores de 18 anos.

Este congreso anual comprende diversos relatorios e mesas redondas, nas que se analizan temas como a imaxe social das persoas maiores nos medios de comunicación, a realidade do maior nos países europeos, as políticas sociais en España ou a viabilidade do sistema de pensións.

Na sesión inaugural participaron, ademais do alcalde, a secretaria xeral do Benestar da Xunta, María Jesús Lago, e a secretaria de Estado de Política Social, Familiar e Atención á Dependencia e á Discapacidade, Amparo Valcarce.

Compartir: