ALCALDÍA

O alcalde asiste ao encontro en Santiago dos principais axentes do sector pesqueiro galego

06/10/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao encontro dos Grupos de Accións Costeira, que se celebrou no Hostal dos Reis Católicos. Nesta xuntanza estivo presente o comisario europeo de Pesca, Joe Borg, e a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego.

A posta en marcha e desenvolvemento dos Grupos de Accións Costeira foi o principal tema de este encontro, no que o comisario europeo anunciou as futuras políticas comunitarias para o sector.

Compartir: