PLENO

O Pleno municipal opta pola tecnoloxía de membranas para a EDAR

25/09/2008 Cos votos favorables do Grupo de Goberno e o voto en contra do Partido Popular, o Pleno municipal aprobou unha resolución pola que se opta pola tecnoloxía de membranas para a futura estación depuradora de augas residuais (EDAR).

A resolución indica que, dende o Pleno municipal "óptase porque a instalación da nova EDAR sexa de MBR (membranas), por ser a de tecnoloxía máis avanzada, de niveis de eficacia óptimos, a de menos ocupación de terreos e a de menos impacto ambiental. Ademais, solicítase "que se valore novamente a posibilidade da instalación da nova planta físicamente no mesmo emprazamento da actual".

Cidade sustentable
Tamén en materia de Medio Ambiente, ratificouse por unanimidade a adhesión do Concello á Rede Española de Cidades polo Clima. Esta rede pretende impulsar a colaboración de todos os concellos no ámbito da sustentabilidade.

Esta aceptación inclúe compromisos formais como unha declaración institucional do alcalde aos cidadáns na que se plasme os compromisos municipais de adhesión á rede, a creación dunha comisión técnica de seguimento ou a designación do Consello Municipal de Medio Ambiente como foro estable de debate cidadán para adoptar medias e actuacións de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, entre outros.

Compartir: