MEDIO AMBIENTE

Medio Ambiente convida a todos os centros escolares da cidade a visitar a exposición "Descubrindo o tempo"

23/09/2008 A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visitou a exposición Descubrindo o tempo, que se exhibe no CSC do Ensanche do 16 ao 30 de setembro. Coa concelleira visitaron a exposición un grupo de 25 rapaces de 3º de Primaria do colexio Peleteiro.

É unha exposición itinerante, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e dirixida a todos os públicos, xa que está elaborada con ilustracións e unha linguaxe sinxela. A concelleira, Elvira Cienfuegos, anima a todos os centros educativos da cidade a que leven aos alumnos e alumnas a visitala xa que é unha forma moi interesante de adentrarse en conceptos como meteoroloxía e climatoloxía e coñecer como nos afectan e como nós, coas nosas actividades, afectamos nos seus cambios.

Todos aqueles centros que o soliciten contarán cun guía de apoio que lles irá explicando a exposición e interactuando cos nenos e nenas, o cal llela fai moi interesante. Para iso teñen que dirixir a súa solicitude ao enderezo electrónico medioambiente@santiagodecompostela.gal.

Compartir: