MOBILIDADE

O Concello incorporará as últimas novidades tecnolóxicas aplicadas á optimización do tráfico

23/09/2008 O Goberno local deu conta dunha subvención ao Ministerio de Fomento por importe de 600.000 euros para un programa piloto de mobilidade sostible. Esta subvención permitiría financiar o proxecto denominado "Optimización do tráfico de vehículos mediante a creación dunha web de tráfico urbano e mobilidade". A iniciativa tería un custo total de 675.645 euros.

O obxectivo desta iniciativa é prover cada minuto datos de imaxes de cámaras e estado de tráfico aos sistemas que compoñen a web do Concello. Esta aplicación de obtención de datos de tráfico, executada dende a sala de control de tráfico, permitirá unha mellor xestión do volume de tráfico.

Entre os efectos positivos previstos está a mellor utilización das prazas de aparcadoiro dispoñibles, a redución do volume de vehículos en circulación, ao evitar que se realicen traxectos inútiles en busca de prazas de aparcadoiro, a redución dos tempos de percorrido e paradas nos aparcadoiros e a redución do consumo de combustible.

Con semellantes obxectivos, a Concellería de Mobilidade traballa noutros proxectos tamén coas últimas aplicacións tecnolóxicas. Así, prevese a instalación de paneis de información do estado dos aparcadoiros e doutros de indicativos de itinerarios recomendados, e a colocación dun cinemómetro-radar automático e dun sistema de detección de semáforo vermello para dúas vías. Finalmente, contémplase a colocación de diversos cronómetros de peóns en rúas da cidade.

Compartir: