ALCALDÍA

A praza do Obradoiro acolleu unha concentración silenciosa en repulsa ao terrorismo

22/09/2008 O asasinato en Santoña (Cantabria) do brigada do Exército Luis Conde de la Cruz levou á praza do Obradoiro ao alcalde e ao resto da Corporación Municipal para manifestar nunha concentración silenciosa a súa repulsa ao terrorismo. Algúns cidadáns anónimos uníronse a estes respectuosos cinco minutos de silencio, pechados cun prolongado aplauso.

O acto serviu para lembrar ao falecido e aos feridos neste e nos outros dous atentados perpetrados pola banda terrorista ETA en a penas 24 horas, así como para solidarizarse coas súas familias e achegados.

Encabezaron esta concentración o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, aos que acompañaron, entre outros, seis conselleiros da Xunta, os tres voceiros parlamentarios, diversos deputados autonómicos, o Valedor do Pobo ou os máximos dirixentes da Federación Galega de Municipios e Provincias, das deputacións da Coruña e de Ourense e da Universidade de Santiago.

Compartir: