TRANSPORTES

Aluguer de bicicletas e transporte urbano gratuítos para celebrar a Semana Europea da Mobilidade

19/09/2008 Con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, entre os días 16 e 22 de setembro, Santiago quere implicarse, como en anos anteriores, na promoción de hábitos saudables e respectuosos co medio ambiente. Por iso, o luns 22, facilitará o aluguer gratuíto de bicicletas e o uso, tamén de balde, do transporte urbano.

Aproveitando o sistema de aluguer de bicicletas posto en marcha no mes e xullo, COMBICI, as persoas que o desexen poderán facer uso das bicicletas de xeito gratuíto. Para iso só terán que entregar o DNI, o que lles permitirá facer uso da bicicleta durante unha hora.

A estación habilitada é a da Praza Roxa (ao lado do parque de Ramírez) en horario de 8.30 a 20.30 horas. Durante todo o día esta estación contará con persoal para informar a todos os que se acheguen ata alí.

Por outra parte, e durante esta mesma xornada do luns 22 de setembro, o servizo de transporte urbano funcionará de balde en todas as liñas. O obxectivo desta medida é lograr que as persoas que aínda non coñecen o transporte urbano se animen a subir no autobús e fagan deste vehículo o seu medio de transporte habitual.

Compartir: