CULTURA

Últimos días para participar no Cuarto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2005

20/09/2005 Os participantes deben enviar a documentación antes das 15 horas do 30 de setembro de 2005

O Auditorio de Galicia convoca binualmente o Premio Novos Artistas, que ofrece aos creadores máis novos a oportunidade de estar presentes e darse a coñecer nos foros artísticos.

Nesta primeira fase do concurso, que remata o 30 de setembro, só se poderá enviar documentación impresa, tanto da obra que se presenta como da documentación que se esixe nas bases. Unha vez recibida esta documentación, o xurado fará unha preselección, despois do que o Auditorio de Galicia se porá en contacto cos artistas seleccionados para lles indicar o período de recepción de obras.
Coas obras dos artistas realizarase unha exposición apoiada na edición dun catálogo que ten prevista a súa inauguración no vindeiro mes de decembro.

O primeiro premio será de 6.000 euros e haberá catro accésits de 1.200 euros, ademais dun premio do público dotado coa mesma cantidade.

Compartir: