EMUVISSA

Aprobado o acordo para a permuta de terreos no Sunp-12 de Lamas de Abade

02/09/2008 O Consello de Administración de Emuvissa, presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou hoxe o acordo de expropiación mediante a adxudicación de terreos no ámbito do polígono SUNP-12 de Lamas de Abade.

A proposta foi aprobada de mutuo acordo coas Sociedades Cooperativas de Vivendas Monte Libradón, Lamas de Abade e Cidade Xacobea.

Deste xeito, por vía de permuta, á Soc. Coop. Gal. de Vivendas Lamas de Abade adxudicóuselle unha parcela con capacidade para a construción de 38 vivendas; á Soc. Coop. Gal. de Vivendas Monte Libradón unha con capacidade para 48 vivendas e á Soc. Coop. Galega de Vivendas Cidade Xacobea outra con capacidade para 160.

Compartir: