DEPORTES

O Concelleiro de Deportes e o Presidente do Lobelle asinaron un convenio para a promoción do fúltbol sala

15/09/2005 O Concelleiro de Deportes, Manuel Portas, e o presidente do Club A. Lobelle de Santiago, José Antonio Lobelle, asinaron onte 15 de setembro, un convenio de colaboración para a promoción do deporte do fútbol sala de maior nivel da cidade.

O presuposto do Lobelle de Santiago para o 2005/2006 ascende a un millón de euros, dos que o 15 por cento será aportado polo Concello de Santiago. En contraprestación, a entidade comprométese a promocionar e difundir o nome da cidade e levar o lema Concello de Santiago nas súas camisetas, carnés de abonados, entradas e publicacións. O Clube A. Lobelle de Santiago tamén se compromete a promocionar o fútbol sala en centros de ensinanza.

Documentos relacionados



Compartir: