EDUCACIÓN

Educación destina 120.000 euros a obras de mantemento nos centros escolares

05/08/2008 Como cada ano e aproveitando o período de vacacións, o Concello fará diversas obras de reparación e mantemento nos centros escolares. En total, destinaranse 119.822 euros para estes conceptos.

Do total, 49.994 euros son froito da adxudicación de obras de mantemento de fontanería e calefacción nos centros escolares. Inclúense diversos traballos nos CEIP Lamas de Abade, Apóstolo Santiago, Rodríguez Xixirei, Roxos-Villestro, Vite I, Ramón Cabanillas e Pío XII. Tamén se acometerá a revisión xeral de fontanería noutros 10 centros.

O resto, 69.828 euros, forman parte do expediente para contratar obras de mantemento nos centros de educación infantil e primaria. Neste caso beneficiaranse das obras os seguintes centros: Apóstolo Santiago, Arquitecto Casas novoa (Sionlla), Colexiata de Sar, Raíña Fabiola, Monte dos Postes, Ramón Cabanillas, Lamas de Abade, Escola Rural Gaioxo-Eixo, Fontiñas, Roxos-Villestro e Vite. Inclúe traballos de pintura, carpintería, albanelería e reposicion de persianas, entre outros.

Xestión da Escola Municipal de Música
Tamén no eido educativo, acordouse á prórroga do contrato de xestión da Escola Municipal de Música por un ano, a contar dende o 3 de setembro, e a revisión dos prezos de adxudicación segundo o IPC. Así, o contrato queda fixado en 126.000 euros/ano e 378 euros/alumnos/ano, cun máximo de achega municipal de 90.000 euros.

Compartir: