URBANISMO

Novo recoñecemento internacional para Santiago polo seu crecemento urbano nos últimos 25 anos

01/08/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou a concesión a Santiago , por parte da Fundación pola Arquitectura, do Premio Europeo Philippe Rotthier 2008 á Mellor Calidade de Ampliación da Cidade nos últimos 25 anos. O premio entregarase o 18 de outubro en Bruxelas (Bélxica).

O galardón recoñece concretamente a calidade do crecemento do polígono das Fontiñas. Este barrio foi elixido con outros 87 barrios urbanos europeos para a final. Todos eles estarán expostos na Fundación para Arquitectura entre outubro e decembro de 2008, e serán recollidos nun catálogo de 300 páxinas.

O Premio Europeo Philippe Rotthier para a Reconstrución da cidade está organizado pola Fundación para a Arquitectura, con sede en Bruxelas, xunto con Unha Visión de Europa e a Universidade de Ferrara.

Na Bienal de Arquitectura de Venecia
Por outra parte, sete obras realizadas en Santiago do arquitecto Víctor López Cotelo foron seleccionadas para representar a España na Bienal de Arquitectura de Venecia (Italia). O alcalde salientou a importancia da elección destes sete edificios de promoción privada, entre os que se inclúen algúns tan singulares como o da Vaquería.

Compartir: