TURISMO

Turismo de Santiago trae á cidade a 150 turoperadores e xornalistas de Canarias e Baleares

15/09/2005 Como parte do convenio asinado en xuño pola empresa municipal de Turismo e o truroperador Travelplan para a promoción da viaxe a Compostela desde as Canarias e Baleares, 150 directores de axencias minoristas e xornalistas das illas veñen á capital galega para coñecer de primeira man as características do destino.

Como se recordará, o convenio asinouse en xuño co obxectivo básico de aproveitar os 11 voos semanais de Air Europa entre Lavacolla e as illas Canarias e Baleares, que comercializa Travelplan, para crear paquetes capaces de atraer aos viaxeiros insulares a Santiago de Compostela en estancias longas de carácter cultural.

A presencia dos turoperadores, que chegarán en catro grupo sucesivos entre o 13 e o 15 de setembro para permanecer na cidade ata o 17, foram parte nas excursións de Compostela Visión aos Canóns do Sil e dúas ceas-espectáculo na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos. Estas ceas, organizadas por Turismo de Santiago de Compostela e Turgalicia, contarán así mesmo coa asistencia de directores de hoteis adheridos ao programa e representantes do sector turístico local.

A esta viaxe promocional sumanranse en outono outras medidas de apoio á comercialización do paquete, como presentacións do destino de Palma de Mallorca, Tenerife e Gran Canaria, un plan de medios e a edición dun folleto informativo.

Segundo o concelleiro de Turismo, Francisco Candela, a importancia ete convenio de comercialización conxunta radica na posibilidade de recibir turistas desde as illas durante todo o ano, especialmente en temporadas media e baixa, para as que se xestionan prezos especiais. O programa estimula ademais o aloxamento en Santiago de Compostela, facendo énfase na centralidade da capital galega e o seu carácter de eixo e punto de partida para coñecer o resto da comunidade autónoma.

Compartir: