ALCALDÍA

Conversa sobre a situación do pobo saharauí

29/07/2008 O delegado da Fronte Polisaria para Galicia, Ahmedu Mojtar, foi recibido polo alcalde compostelán. O representante saharauí tivo ocasión de explicarlle a Xosé A. Sánchez Bugallo a actual situación do pobo saharauí e de agradecerlle a colaboración en programas como o de Vacacións en Paz, que trae a nenos saharauís a pasar o verán con familias galegas.

O alcalde compostelán reiteroulle a Mojtar a súa opinión respecto ao conflito do Sáhara, que xa lle expresara con ocasión do recibimento aos rapaces acollidos por familias compostelás. Sánchez Bugallo definira entonces esta situación como "inxusta e duradeira no tempo" e expresara o desexo de que os máis novos puideran algún día vivir como cidadáns libres na súa terra.

A situación do Sáhara dura xa máis de 23 anos. Compre lembrar que o Sáhara Occidental foi unha antiga colonia española e que actualmente está baixo administración de Marrocos, aínda que o seu dereito sobre este territorio non está recoñecido por algúns estados e é rexeitado pola Fronte Polisaria no interior

O status legal do territorio e a cuestión de soberanía están por resolver. A administración correspondería a Mauritania e Marrocos. O primeiro país rexeitou a súa parte por non poder enfrontarse á loita de guerrillas da Fronte Polisaria. Actualmente, Marrocos ten un muro con radares, artillería e minas no interior do deserto. A parte oriental, facendo fronteira con Alxeria, está controlada pola Fronte. Unha misión da ONU controla a situación de alto ao fogo e ten o mandato de facer un ceso para organizar unhas eleccións libres que decidan o status do territorio, pero a realización deste reconto prolóngase no tempo, sen data definida para o seu remate.

Compartir: