ALCALDÍA

Peregrinación para concienciar sobre as enfermidades neurálxicas

29/07/2008 Máis de 30 membros da Asociación de Esclerose Múltiple de Toledo, entre eles catro enfermos, chegaron a Santiago, despois de realizar o tramo do Camiño de Santiago dende a localidade lucense Sarria. No Obradoiro foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O obxectivo desta peregrinación é concienciar sobre este tipo de enfermidades neurálxicas e chamar a atención sobre a escasa accesibilidade desta rota para as persoas con discapacidades. Saíron de Sarria o 23 de xullo e realizaron cinco etapas.

Esta actividade conclúe un curso sobre a marcha nórdica que realizaron na Asociación durante todo o ano. Ademais de amosar a súa ledicia por chegar a Santiago, os camiñantes resaltaron o apoio recibido polo resto de peregrinos durante o percorrido.

Compartir: