TRANSPORTES

O "Moucho Bus" funcionará na noite do Apóstolo

23/07/2008 Con motivo da festividade do Apóstolo, o servizo "Moucho Bus" funcionará a noite do xoves 24 de xullo en tres liñas do transporte urbano.

A liña 5 (Polígono de Vite – Estación de Autobuses – Praza Roxa – Conxo – A Rocha) terá unha saída dende A Rocha cara o centro ás 22:50 horas, e realizará os seguintes servizos na madrugada do día 25:

- Saídas dende Vite: 5:30 – 6:30 – 7:30 (horario habitual da liña).
- Saídas de Conxo/Rocha: 5:00 – 6:00 – 7:00 – 8:00 (horario habitual da liña).

Pola súa parte, a liña 6 (San Lázaro – Os Tilos) terá dúas saídas dende Os Tilos cara o centro ás 23:10 e ás 23:30 horas, e realizará os seguintes servizos na madrugada do día 25:

- Saídas dende San Lázaro: 5:30 – 6:30 – 7:30 (horario habitual da liña).
- Saídas de Os Tilos: 5:00 – 6:00 – 7:00 – 8:00 (horario habitual da liña).

Finalmente, a liña 1 (Polígono do Tambre – Hospital Clínico) terá dúas saídas dende o hospital Clínico cara o centro ás 23:00 e ás 23:20 horas, e realizará os seguintes servizos na madrugada do día 25:

- Saídas dende Boisaca/Cruceiro da Coruña: 5:30 – 6:30 – 7:30 (horario habitual da liña).
- Saídas do Hospital Clínico: 5:00 – 6:00 – 7:00 – 8:00 (horario habitual da liña).

Así mesmo, cómpre lembrar a todos os usuarios que a liña 1 terá o mesmo horario que un día laborable ao longo da mañá do día 25 (de 8:00 a 15:00 horas). Ademais, chegará en todas as súas viaxes ata o recinto feiral de Amio para favorecer a visita aos distintos actos que se celebrarán no devandito recinto.

Compartir: