URBANISMO

Pechado o acordo cos propietarios de O Ferrado, EMUVISSA xa dispón do 92% do SUNP-5

22/07/2008 O Consello de Administración de EMUVISSA, presidido polo alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo, pechou o acordo cos propietarios de O Ferrado que, xunto cos acordos asinados con outros propietarios, outorga á Empresa Municipal de Vivenda e Solo a propiedade do 92% do chan do SUNP-5.

O acordo especifica que os veciños de O Ferrado serán realoxados en vivendas do seu ámbito. Nese espazo construiranse un total de 76 vivendas das 400 que integran o polígono.
A licitación das devanditas 400 vivendas levarase a cabo no próximo Consello de Administración de EMUVISSA, que terá lugar o día 1 de agosto.

Compartir: