REHABILITACIÓN

Adxudicada a rehabilitación do barrio Fonte do Ouro

22/07/2008 A Xunta de Goberno municipal adxudicou provisionalmente as obras de rehabilitación do barrio Fonte do Ouro, por importe de 175.101 euros e un prazo de execución de tres meses.

Estas obras supoñen a primeira fase de reforma do barrio, que terá continuidade noutras dúas. Entre outras actuacións, está prevista a recuperación da fonte que dá nome á zona. Rematadas estas obras, a finais de novembro, comezaría a segunda fase en 2009.

A primeira fase da rehabilitación desta área, ao carón do estadio de fútbol de Santa Isabel, inclúe a instalación de beirarrúas, bancos de pedra, 13 luminarias e a creación de 9 prazas de aparcamento. Completarase a reurbanización cunha área de lecer na zona onde se atopa a propia Fonte do Ouro.

Compartir: