ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao novo xefe da Forza Loxística Operativa

17/07/2008 O novo xefe da Forza Loxística Operativa do Noroeste, o tenente xeneral José Luis López Rose, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán. Xosé A. Sánchez Bugallo deu a benvida e ofreceulle a colaboración municipal no seu labor.

López Rose tomou posesión do seu novo cargo o 11 de xuño. Nado o 13 de xullo de 1949 en Villena (Alicante), ingresou no Exército en xuño de 1967. Entre outros destinos, foi coronel xefe do Rexemento de Pontoneiros e Especialidades de Enxeñeiros, xefe das Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra e adxunto ao xefe da Forza de Manobra. Dende 2005 era xefe da División de Plans do Estado Maior do Exército de Terra.

Agora asume o mando da Forza Loxística Operativa do Noroeste, a unidade do Exército de Terra destinada a achegar apoio loxístico ás unidades despregadas, por exemplo, en misións internacionais. Dende esta unidade partiron cara o exterior diversas misións, que levaron a máis de 3.000 militares a lugares como Afganistán, Kosovo, Bosnia-Herzegovina e Líbano.

Compartir: